8.4.10

A Pobra: o Psoe analiza polo miúdo as afeccións do Plan de Ordenación do Litoral no municipio


(Nota do Psoe íntegra)

A Pobra do Caramiñal, 8 de abril de 2010. O día 11 de marzo presentamos a través do rexistro unha solicitude ao alcalde solicitando unha reunión informativa co fin de analizar en profundidade e clarificar os niveis de afección do novo Plan de Ordenación do Litoral. O Concello da Pobra do Caramiñal, como os demais concellos costeiros de Galicia, recibiron a primeiros de febreiro o avance previo e o documento inicial do Plan de Ordenación do Litoral.

Pasaron dous meses e o escurantismo entorno as afeccións do Plan de Litoral e o único que fomenta o Sr. Isaac, dado que está promovido pola actual Xunta de Galicia, gobernada polo PP.

Non se nos convocou absolutamente para nada e as informacións que nos facilitou o arquitecto técnico foron moi escasas, era imposible dar resposta a cantidade de veciños que nos preguntaban a medida en que lle afectaba.

Ante esta opacidade e co fin de informar aos veciños da Pobra das gravísimas afeccións, encargamos a un estudio técnico os planos da Ordenación do Litoral incluíndo a superposición dos planos do noso PXOM.

A magnitude das afeccións son de incalculable perda económica para as familias do pobo. En primeiro lugar quedamos asombrados ca cantidade de territorio que abarca a mellora ambiental e paisaxística, na que soamente se permite:

·       Obras de rehabilitación e cambio de uso residencial, agrícola, gandeiro, forestal e outros análogos,...

·       Instalacións e construccións que sexan necesarias para as explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e outras análogas, ....

·       Construccións necesarias para as explotacións de acuicultura e marisqueo.

·       Actividades de caracter deportivo, sociocultural, recreativo e de baño, que se desenrolen o aire libre, con obras mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.

·       Poderanse localizar espacios libres que pola súa natureza sexan compatibles ca natureza do paisaxe.

·       Construccións e instalacións como: cementerios, escolas agrarias, centros de investigación e educación ambiental, entre outros.

·       Construccións e rehabilitacións destinadas o turismo no medio rural.

Temos catalogado como mellora ambiental e paisaxística, case toda a parroquia do Maño, desde o marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Ribeira-Pobra, empezando en Caíños, Cercias, todo o Campiño, Devesa, Bandaseca, o Castro, Ponte de San Antonio, Vilariño, Pedriñas, Arzobispo, Outeiro, Laxe, Costa, Garita, Áreos, ...todo o territorio que abarca desde o marxe dereito da estrada comarcal ata a praia da Lombiña.

Ca mesma catalogación está parte da Angustia e afecta principalmente a Crocha de Levante e Inferniño.

Estes lugares perden a clasificación de area de ampliación de núcleo rural, é dicir onde se podía edificar en 600 metros, co Plan de ordenación do Litoral, pérdena. Nestes lugares se extingue a posibilidade de edificar novas casas, soamente queda permitido dentro dos núcleos rurais. As persoas que teñan a súa vivenda situada na área de expansión de núcleo soamente lle van a permitir rehabilitala, sen tan sequera poder modificar o volume do inmoble se o precisara no futuro.

Hai outra nova catalogación denominada protección de corredor que ten as mesmas limitacións que a anterior, tamén se perde a área de expansión de núcleo e quedan prohibidos tódolos usos, excepto os suxeitos a explotacións agrarias. Esta protección de corredor está vinculada aos espacios por onde pasan os ríos, ou zonas como vaguadas que cualifican de interese paisaxístico, aínda que estean emprazadas dentro da zona de ordenación.


Lugares que quedan dentro desta calificación aínda que non perdan na totalidade a clasificación de expansión de núcleo, entre outros están:

Rosamonde, Tarrío, A Granxa, Paio, Colo de Arca, Lesón, Gonderande, Rego, Cortizo, Baiuca, Devesa, Banda o Río, A Canisa, San Isidro, Crocha de Poniente, entre outros. En San Roque un polígono queda seriamente danado o posible desenrolo.

Ata que o planeamento se adapte o POL quedan excluídos da súa aplicación os chans clasificados como:

·       SUELO URBANO CONSOLIDADO

·       SUELO DE NUCLEO RURAL

·       SUELOS CON INSTRUMENTOS DE DESARROLLO E DE XESTIÓN APROBADO DEFINITIVAMENTE.

Recordamos que ata o día 10 de maio o Concello pode facer suxerencias e alegacións ao POL, os particulares terán un tempo tamén para alegar que será máis adiante, cando a Consellería de Medio Ambiente o estipule.

Non entendemos como con estas graves afeccións para unha gran maioría dos habitantes da Pobra, o Concello estea mirando para outro lado, sendo incapaz de dar a información e defender ca máxima enerxía o patrimonio e o traballo de toda unha vida dos veciños do noso concello.

Se o conxunto da Corporación pelexa polos seus concidadáns, seguramente os resultados sexan máis positivos que si o facemos os Socialistas en solitario. Somos incapaces de comprender como o resto dos grupos políticos permanecen en silencio ante semellante tropelía promovida pola Xunta do PP.
 
Tivemos grandes titulares de prensa, “O primeiro concello costeiro que ten aprobado o PXOM”, agora sustituirémolo por outro, “ O primeiro concello costeiro que aprobou o PXOM e xa o ten  que adaptar”, pouco durou esa marabilla, foi efímera.

Estamos a disposición de tódolos veciños que queiran ver como lle afecta as súas propiedades o POL.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical