"Estando nestas, pregunta con curiosidade por que nos aloxamos nesta zona da cidade, neste guetto infame (verbas literais). Tocounos o típico artista-erudito-intelectual-clasista que renega do país que o viu nacer e que, sen embargo, lle facilita unha marxe rendible de éxito, xa que se presenta coma un pintor africano en New York, cos seus temas cálidos e humanos. E que o movemento o leva no sangue, o condanado.
Tan pronto coma un dos comensais cometeu o erro de preguntarlle pola súa obra, rematou a sobremesa e as pertinentes explicacións de Agnes. Comezou o triste monólogo do artista exilado que non ten quen lle escriba."
O capítulo enteiro en http://certo.es/index.php?page=falasha
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario