Ribeira, 8 de abril de 2010. A asociación Achuchar de Ribeira informa da organización dunha actividade de sensibilización da importancia da masaxe aos nenos pequenos, "dado o interese que mostrou algunha xente por este tema".
"Para facelo puxémonos en contacto con dúas monitoras de masaxe infantil pertencentes a AEMI (Asociación Española de masaxe infantil) que xa viñeran ao curso que fixeramos hai 2 anos", cóntannos.
Elas, as monitoras, propuxeron o seguinte:
Un obradoiro dun día completo no que se fará na xornada da mañá a exposición da importancia da masaxe en xeral, cun descanso para o xantar, e no serán centrarase na práctica da masaxe na familia.
Este obradoiro será o sábado 10 de abril. O horario será pola mañán de 11.30 a 14h, descanso do xantar, e no serán de 16.30 a 19h. O prezo será de 30€ por familia para os non socios e 15€ os socios. Inclúe a comida (en plan picoteo), inda que se alguén prefire ir comer á casa tamén pode facelo.
O lugar que teñen solicitado é o Colexio de Deán Grande (O que está ao comezo de Coroso)
O límite serán 20 familias. Para apuntarse, deben chamar ao 610 501 488.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario