8.4.10

Rianxo: un economista e dous científicos falan das posibilidades do galego nestas materias no IES Félix Muriel



Rianxo, 8 de abril de 2010. O ENDL do IES organizou unha serie de charlas que se engloban dentro da Semana cultural deste centro, que baixo o título "Abrindo portas en galego", vaise desenvolver a partir deste xoves 8 de abril. O obxectivo é que o alumnado poida escoitar a expertos dos diferentes ámbitos falar das súas especialidades na nosa lingua. Así, baixo o subtítulo de "O galego en todos os ámbitos" achegaranse ao centro persoeiros especialistas en Física de partículas, en Química, en Dereito ou Didáctica das linguas, por poñer varias especialidades ben distintas entre sí.

Biblioteca Concepción Arenal, a de Dereito en Santiago de Compostela

Este xoves abriuse a actividade cun relatorio de Fuco Sanjiao, profesor do departamento de Economía aplicada da Facultade de Dereito da USC. O alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla de media hora titulada "O dereito como alicerce da sociedade". Logo expoñeulles  como a lingua galega serve para desenvolverse perfectamente no mundo do Dereito.

O venres, 9 de abril, será unha xornada dedicada á lingua galega no mundo científico, polo que se convidaron a dous representantes deste ámbito para que falen en galego sobre un tema da súa especialidade, na que usan esta lingua habitualmente. Trátase de Carlos Salgado, profesor de física da USC e pertencente ao CERN que estará ás 10,30 para falar sobre “A aceleración de partículas e a enerxía nuclear” durante 50 minutos. Logo ás 12,30 contaremos co relatorio de Socorro Castro, profesora de química da Facultade de ciencias da Universidade da Coruña, que ten como título “Motores de hidróxeno e enerxía electromagnética”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical