- O concelleiro de Comercio e o de Atención Cidadá reuníronse cos propietarios de tendas afectadas
Ribeira, 25 de xaneiro de 2013.- O salón de plenos do Consistorio encheuse onte por completo durante a reunión convocada polo Executivo (representado alí polos concelleiros de Atención Cidadá –Juan Luis Martínez-, Comercio –Anxo Orellán- e Consumo, -Vicente Mariño-) cos titulares de negocios situados en rúas peonís (tamén coa asociación de empresarios) co obxectivo de consensuar pautas de actuación que contribúan á dinamización e potenciación do comercio local nestas zonas.
Tras unha hora e media de debate, as sensacións do Goberno Municipal foron moi boas, ao percibir un ambiente participativo e unha gran predisposición a alcanzar acordos que redunden na posta en valor das áreas afectadas.
Neste senso, a gran maioría dos comerciantes coincidiron en aseverar que as rúas peonís deben funcionar como tales, outorgando preferencia ás persoas de xeito que poidan transitar libremente sen se ver importunadas pola circulación de vehículos, na certeza de que isto contribuirá ao establecemento de sinerxías beneficiosas para o comercio e a hostalería.
Aparcamentos de curta duración
Entre as propostas debatidas, figuran as de limitar as horas de carga e descarga, habilitar prazas de aparcamento de uso de curta duración para facilitar que os clientes poidan realizar as súas compras ou xestións, ou mesmo dedicar un ou varios días ao comercio na rúa para que os negocios poidan expoñer os seus produtos en plena vía pública.
Partindo da premisa de que a humanización da cidade ten que ser un proceso de todos, o próximo paso a dar será a publicación na vindeira semana da acta da reunión na páxina web municipal (www.riveira.es) e abrir un prazo para que tanto os comerciantes afectados como calquera cidadá poida expresar online ou por teléfono as súas suxestións e ideas ao respecto. Acto seguido, emprazarase aos comerciantes a unha próxima reunión para que esta boa disposición se materialice en acordos concretos.
Ribeira: Toñito de Poi presenta o seu novo disco-libro "O soro da verdade" o venres 1 de febreiro post.ly/A9Sld Ribeira: obras en Palmeira para arranxar a rúa Esteirón e comezo do amaño de Caticovas post.ly/A9U67 Ribeira: o Concello promociona a cultura urbana con exhibicións de breakdance post.ly/A9U3U Ribeira: orde do día do pleno ordinario do luns 28 de xaneiro post.ly/A9U23 GALICIA SEGUNDO EMIRATES AIRLINES. DESCRICIÓN MOI ACERTADA, SEN DÚBIDA. VÍA @avillafranca_ twitter.com/galiciaenfurec…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario