8.4.10

Boiro: a III Festa Audiovisual será o venres 16 de abril


Busto de Borobó na casa de cultura de Boiro

Boiro, 8 de abril de 2010. O vindeiro venres 16 de abril terá lugar a III Festa Audiovisual. Está organizada pola asociación cultural "Borobó" en colaboración coas Xuventudes Socialistas da localidade. Vai presentar a Festa a actriz Mariana Carballal, que se fixo célebre entre os televidentes galegos pola súa actuación no Luar, xunto aos Tonechos.


Mariana Carballal é de Albarellos de Monterrei, Ourense. Ficha na AVG

A Festa Audiovisual contará, como é habitual, cunha serie de proxecións de curtametraxes. A temática deste ano é a animación. Está previsto que se proxecten "La dama y la muerte", gañadora do premio Goya 2010 á mellor curta de animación e candidata aos premios Óscar de Hollywood. O seu director, Javier Recio, estará presente.
</object>

Tamén se prevé poñer "O pintor de ceos", de Jorge Morais e "A revolta dos mouses", de David Alejandro Gen.

Ademais haberá actuacións musicais, a cargo de Silvia Penide, os xa ben coñecidos (alomenos en Certo) aguiñenses Areavasta e tamén estarán os do Pito de Pikaso.

Onde? Sala ESE. Boiro.

Tes Facebook? Pois confirma a túa asistencia aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical