- Será este martes 9 de outubro, no Mercado Municipal e R/ Dr. Santos Mieites en horario: 10-14 h / 16-19 h
Boiro, 5 de outubro de 2012. A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte -plataforma de Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra para darlle pulo ao turismo- presenta un plan de comunicación para dar a coñecer o xeodestino Rías Baixas - Ría de Arousa cunha campaña de comunicación protagonizada polos propios aborixes.
A presentación do plan de comunicación, que propón unha innovadora campaña de promoción apoiada nas redes sociais e os recursos web de ambas as dúas Mancomunidades -Arousa Norte e O Salnés-, terá lugar o día 9 de outubro, coincidindo coa convocatoria do casting popular en Boiro. Toda a información no pdf adxunto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario