- 18 "banqueiras de tempo" estiveron onte visitando lugares emblemáticos da cidade. Dez eran de Marín e o resto anfitrionas
Ribeira, 5 de outubro de 2012.- Unha vintena de mulleres que son socias dos bancos do tempo de Ribeira e de Marín tiveron oportunidade da tarde de onte de coñecerse, compartir experiencias e coñecementos e promover lazos de cooperación nun encontro desenvolvido no municipio barbanzano. No encontro participaron 10 mulleres procedentes da localidade de Marín e outras oito de Ribeira. A cita arrancou ás 17 horas na sede do Centro de Información á Muller (o CIM), onde, ademais de celebrarse unha dinámica grupal, as visitantes fixeron entrega ás anfitrioas dunha fonte de cristal decorada por elas mesmas para conmemorar o encontro. As sociais ribeirenses corresponderon este agasallo coa entrega de folletos divulgativos elaborados por elas no que se describían algúns dos lugares máis emblemáticos do termo municipal, algúns dos cales tiveron oportunidade de visitar ao longo da xornada. Pedra da Ra e San RoqueAsí, a continuación os dous grupos desprazáronse ao Miradoiro de Pedra da Ra, onde socias do banco local de tempo narraron algunhas das lendas e curiosidades que envolven a este entorno. A continuación, acudiron ao parque periurbano de San Roque. Alí, a técnica municipal de Turismo, Sandra Fernández, guiounas durante percorrido polo exterior do recinto e acto seguido amosoulles as exposicións exhibidas no Centro de Interpretación Arqueolóxica sobre os recursos e o patrimonio etnográfico de Ribeira. A visita concluíu ás 20 horas. SatisfeitasA valoración das socias foi enormemente satisfatoria e enriquecedora. As participantes de Marín quedaron en retomar esta visita a Riveira para poder coñecer outros lugares de interese do municipio e convidaron ás súas compañeiras riveirenses a que coñezan Marín en próximas datas. Este Banco de Tempo é un proxecto promovido polo Centro de Información á Muller de Ribeira –entidade dependente da Concellería de Igualdade- e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo, localizada no Centro de Información a Muller (CIM) na rúa Estrada marxe dereita nº 4,15960-Ribeira, contactando coa Directora do (CIM) Mª Dolores Crujeiras ou coa Axente de Tempo: Herminia Dios nos Tlfs: 981.874.131-873.409-666.689.122, enderezos electrónicos: cim@riveira.com; info@bancodotempo.com; hdios@aidsocial.com, e Sitio web: http://www.bancodotempo.com/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario