
Ambos actos culturais terán lugar no Coliseo NoelaNoia, 8 de abril de 2010. Aínda que o forte do mes de abril en Noia é sempre a Feira do San Marcos (23, 24 e 25 de abril este ano, non o esquezan) tamén hai actividades culturais durante as outras fins de semana. En concreto, nesta, o sábado achegarase a Noia o grupo de teatro afeccionado da Universidade de Santiago de Compostela "Pinchacarneiro", que representará "Policía". O domingo, o protagonismo será para o folclore, cun festival cuxa recadación irá para a organización non gubernamental Intermón Oxfam. Organiza "Os Salgueiriños", de Noia.

A obra de teatro do sábado 10 será ás nove da noite.
O festival, o domingo 11, dende as seis da tarde. Se queres saber dos proxectos de Intermón Oxfam (non esquezamos Haití):http://www.intermonoxfam.org
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario