[[posterous-content:pid___0]]Web oficial do Concello, onde se observa o número da centraliña
A Pobra do Caramiñal, 25 de maio de 2012. Segundo se pon de manifesto na pregunta que o Psoe vai levar ao seguinte pleno, dende a centraliña do Concello da Pobra chegouse a insultar a cidadáns que chamaban para facer consultas. O grupo socialista denuncia que esta centraliña do Concello, que só se ofrece en castelán como xa recriminara no seu día o Bng pobrense, "leva case un ano prestando un mal servizo" e hai continuas queixas dos pobrenses "e tamén dos traballadores do Concello". O Psoe tamén solicita que se dote de mellores cubículos aos operarios desta centraliña.
Texto completo da pregunta que se vai levar a pleno:
Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
A centraliña telefónica do Concello da Pobra leva case un ano prestando un mal servizo aos cidadáns. O equipo de goberno é consciente deste deficiente servizo debido ás queixas dos usuarios e dos propios traballadores do Concello. O problema consiste en que cando soa o teléfono e descolga a traballadora municipal, esta non escoita a persoa que está ao outro lado da liña, sen embargo o usuario que chama escoita perfectamente a funcionaria.
O mal funcionamento deriva incluso en insultos moi graves dos traballadores do concello a persoas que pretenden solicitar calquera información. Eu mesma fun testemuña dun conflito por esta causa, chegando a funcionaria, accidental, (non a habitual), a proferir o insulto “fillo de puta”, a persoa que está a o outro lado da liña telefónica. A Alcaldía inmediatamente coñeceu o sucedido pero unha vez recriminada levemente a funcionaria o goberno municipal non fixo nada por arraxar o problema, posto que seguimos na actualidade cas mesmas deficiencias que hai un ano. Os responsables municipais deben corrixir de inmediato a mala imaxe que se está a dar desde o concello, é gravísimo que desde unha institución pública se profiran insultos aos cidadáns.
Asemade, existe outra deficiencia a cal consiste en que estando a liña ocupada e chamando desde calquera terminal exterior, non da sinal de “comunicando”, polo que os Administrados poden entender que o servizo telefónico non está atendido.
Por outra banda, deberían dotar de cascos a centraliña xa que as traballadoras están facendo outras tarefas e teñen que atender ó mesmo tempo as chamadas. Ó non proporcionar os cascos pode derivar en patoloxías osteomusculares a nivel cervical polas posturas adoptadas ao ter que atender varias cousas a vez.
Por todo iso:
¿Por qué non se arranxa o pésimo funcionamento da centraliña municipal?
¿Por qué non se melloran as condicións ergonómicas das funcionarias que atenden as chamadas telefónicas?
A Pobra do Caramiñal, 18 de maio de 2012.
O secretario xeral de Medios inaugura a Aula Municipal de Informática da Pobra do Caramiñal dlvr.it/1cRwHc
Pode que tamén lle interese:
Presentación de libro: o venres 25 de maio, Dark Butterfly
Lingua: o Concello, con Galicia Bilingüe a prol do castelán
Política: "chapuza nacional" no plan de axuste, di o Psoe
Exposición na casa da cultura: sobre unha monarquía gafada
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario