25.5.12

Noia: o xoves 31 de maio haberá unha mesa informativa co gallo do Día Mundial sen Tabaco

  • A mesa informativa estará instalada diante do Concello de Noia de 10:00 a 14:00 horas e poderase medir a capacidade pulmonar  
  • Considérase o tabaco a segunda causa mundial de morte, trala hipertensión

Media_httpfarm8static_fcbwz

Noia, 25 de maio de 2012. O 31 de maio de cada ano a OMS celebra o Día Mundial sen Tabaco, cuxo obxectivo consiste en sinalar os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde e fomentar políticas eficaces de redución do devandito consumo. O consumo de tabaco é a segunda causa mundial de morte, tras a hipertensión, e é responsable da morte dun de cada dez adultos.


Este ano a OMS fai un chamamento a nivel mundial sobre a “interferencia da industria do tabaco”. A campaña centrarase na necesidade de denunciar e contrarrestar os intentos descarados e cada vez máis agresivos da industria tabaqueira para socavar o Convenio Marco para o Control do Tabaco da
Organización Mundial da Saúde (CMCT OMS), debido aos graves perigos que supoñen para a saúde pública. O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia mundial de tabaquismo mata preto de 6 millóns de persoas cada ano, das cales máis de 600.000 son non fumadores expostos ao fume de tabaco alleo. A menos que actuemos, o tabaco matará ata 8
millóns de persoas en 2030, das cales máis do 80% vivirá en países de baixos e medianos ingresos.


Media_httpfarm6static_holam

Por iso e concidindo con esa data a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Noia súmase ás actividades de sensibilización contra a epidemia do tabaquismo. Dentro do programa de información e sensibilización instalarase unha mesa informativa onde se proporcionará consello sobre como deixar de fumar, así como o dano que ocasiona o consumo de tabaco á saúde. As persoas que o desexen poderán realizarse coximetrías (medicións do CO no aire expirado) para comprobar a severidade do dano que o tabaco fai na súa saúde. Así como recibir consello por parte de persoal sanitario. Contarase coa presenza da Dra. Maria Josefa Vázquez López e a colaboración dunha marca farmacéutica. A mesa informativa estará instalada diante do Concello de Noia de 10:00 a 14:00 h. o próximo xoves día 31 de maio de 2012.

Pode que tamén lle interese:


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas


Curso: o 2 de xuño, sobre úlceras por presión


Curso: sobre Celso Emilio Ferreiro, do 4 ao 8 de xuño


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical