Dodro: o bonaerense-corcubionense Serxio Iglesias gañou o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" co poemario "Viaxe ao interior da fenda"
— Certo (@Certo) December 3, 2012
Parabéns ó colaborador de QPC @serxio_iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón quepasanacosta.com/?p=19914
— Que Pasa na Costa (@quepasanacosta) December 3, 2012
[[posterous-content:pid___0]]
Dodro, 3 de decembro de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizou un obradoiro de Iniciación ao Teatro que comezou o 17 de outubro. O obradoiro presentouse coa idea de divertirse e botar unhas risas aprendendo a actuar e a interpretar dun xeito creativo.
Así, os/as participantes iniciaron o curso con temáticas como introducción ao teatro, creatividade e técnicas de preparación corporal e expresiva, traballo do rostro e corpo, voz, ritmo, volume e interpretación e posta en escea.
Como remate ao obradoiro, os/as participantes representaron a obra “A última cea” o pasado día 25 de novembro na Paxareira onde os veciños/as “abarrotaron ata os topes” o local e aplaudiron incansablemente entre risas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario