21.5.12

Ribeira: atopan unha balea varada na praia da Ladeira do parque natural de Corrubedo

Ribeira, 21 de maio de 2012.- Efectivos do Grumir e Protección Civil de Ribeira recibiron hoxe pola tarde aviso da aparición na praia da Ladeira, en Corrubedo, dunha balea varada morta cunha lonxitude algo superior aos catro metros.

O servizo de emerxencias ribeirense recibiu alerta da existencia do animal polo 112 en torno ás catro da tarde e, de inmediato, un equipo desprazouse ata o areal a fin de proceder a súa sinalización e inmobilización. Ademais, deuse aviso ao Cemma (Centro para o Estudo de Mamíferos Mariños) para a pertinente toma de mostras de carácter biolóxico.

Está previsto que mañá se executen os traballos de retirada do cetáceo da praia da Ladeira, que está encravada dentro do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical