- Será ás 20:30, co gallo do Día Internacional da Muller
Boiro, 7 de marzo de 2013. Mañá, venres 8 de marzo, cadrando co Día Internacional da Muller, haberá no Centro Social de Boiro unha mesa redonda ás 20:30 horas. Segundo explica Alberto García, coordinador do Centro Social, esta actividade insírese dentro da actitude proactiva e emprendedora como ferramenta de emancipación que se promove dende esta entidade. "As experiencias coas que mañá debateremos son exemplos para nós de como o "autoemprego asumible", con baixos custos, manexo das novas tecnoloxías, excelente comunicación e un mínimo coñecemento dos cambios nas interaccións sociais froito destes tempos, poden ser unha vía de supervivencia, autonomía e empoderamento social", sinala García.
Tamén, en Boiro:9 e 16 de marzo... Taller de DJ! Plazas limitadas. fb.me/2GGjlFRh8
— C.CULTURAL BOIRO (@CCULTURALBOIRO) March 2, 2013


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia














No hay comentarios:
Publicar un comentario