- O actual alcalde pedíao hai 18 anos, cando estaba na oposición, e leva xa varios mandatos sen facer caso
Texto completo da moción:
Mª
Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do
Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art.
97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria,
presenta ó Pleno unha
moción solicitando a habilitación na Casa Consistorial de despachos
para os grupos municipais.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
O
artigo 79.1
da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia
(LALGA), dispón de forma concordante co artigo 27 do ROF e do artigo
10 do Regulamento Orgánico Municipal, que sempre que sexa posible,
os diversos grupos políticos disporán, na sede da Entidade Local,
dun despacho ou local para reunirse de maneira independente e recibir
visitas dos cidadáns, dotado dunha infraestrutura mínima de medios
materiais. Na actualidade, na Casa Consistorial da Pobra ningún
grupo dispón de despacho ou local no que poder realizar as
actividades anteriormente sinaladas.
O
pazo onde está a sede do Concello da Pobra, pese á súa fermosura e
valor histórico, ten unhas dimensións que non permitían até fai
pouco a habilitación de despachos para os grupos municipais, dada a
ocupación de todos os espazos por oficinas e despachos de
tramitación administrativa ocupados por persoal ao servizo do
Concello.
A
día de hoxe, a superficie útil da Casa do Concello aumentou
considerablemente debido á ampliación da sede municipal, así como
o traslado de certos servizos a outros inmobles de titularidade
municipal, motivo polo que xa non existiría impedimento á dotación
de despachos para os grupos municipais.
No
Pleno ordinario do día 28 de xullo de 2011, o alcalde afirmou que
había espazo na casa consistorial para poder habilitar os despachos
para os distintos grupos políticos.
Ademais
era unha queixa reiterada que facía hai máis de 18 anos o actual
alcalde a prensa. En abril de 1997 afirmaba nun medio comunicación o
seguinte: “Quejas
por el agravio que supone atender fuera a los vecinos. El PP de A
Pobra demanda un despacho en el ayuntamiento”, e
xa dous anos antes se lamentaba da discriminación que supoñía o
non contar con dito despacho.
Por
todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte
ACORDO
Que
no orzamento do ano 2013 figure unha partida orzamentaria para poder
dotar aos grupos municipais dun despacho ou local na sede do Concello
da Pobra do Caramiñal, dotado dunha infraestrutura mínima de medios
materiais, en cumprimento do disposto no artigo 79.1 da LALGA, do
artigo 27 do ROF, e do artigo 10 do Regulamento Orgánico municipal,
en relación co artigo 23 da Constitución Española.
A
Pobra do Caramiñal, 06 de marzo de 2013
Mª
Teresa García Guillán
ALCALDE-PRESIDENTE
DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
A Pobra: este venres 8, en A Trastenda (zona comercial O Adro), encontro coa fotografía. 20:30. Con J Triñanes, J Souto e Óscar Iglesias.
— Certo (@Certo) 7 de marzo de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario