7.3.13

Noia: Servizos Sociais está a por en marcha o servizo de teleasistencia domiciliaria


  • As demandas das persoas residentes no Concello de Noia serán atendidas no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello, previa cita (tlf: 981 82 80 11 / 981 82 81 04), sito na Rúa do Curro, nº 4, baixo.

http://farm9.staticflickr.com/8244/8533678025_5e4a6dcb17_c.jpg
Noia, 7 de marzo de 2013. O 13 de febreiro pasado confirmouse no rexistro municipal a aprobación da inclusión do Concello de Noia ao Programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña.

Ao abeiro deste convenio, poderán acceder a dito programa aquelas persoas maiores ou en situación de discapacidade que vivan soas, con outra persoa na mesma situación ou pasen a maior parte do día sen a presenza doutras persoas.

Con este Programa, darase cobertura a aquelas persoas que non teñan a condición de dependentes, recoñecida polos Equipos de Valoración da Dependencia da Xunta de Galicia ou os equivalentes noutras Comunidades Autónomas.

A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo da atención as 24 horas diarias os 365 días do ano, que permite ás persoas beneficiarias contactar cos profesionais do Centro de Atención, para atender a súa petición e dar resposta á crise presentada ben por sí mesmos ou mobilizando outros recursos.

Mediante a instalación no domicilio dun equipamento informático específico, composto por unha terminal telefónica, e unha alarma portátil (medallón ou pulseira), as persoas beneficiarias poderán entrar en contacto verbal "mans libres" co  Centro de Atención, soamente con premer o botón da alarma portátil.

Pode que tamén lle interese:

Noia: o Concello renova imaxe do programa "Noia Saudable" e pretende amplialo



No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical