16.5.11

Ribeira: o Festival dos Maios corre a cargo de grupos locais. Para as Letras Galegas, inchables e monicreques en Aguiño

Media_httpc1acimagesm_hciry

E.K.O.S. eran de Rianxo, alomenos cando os coñecemos

Ribeira, 16 de maio de 2011. O Concello lembra que na noite de hoxe, luns, véspera do Día das Letras Galegas, o parque García Bayón de Santa Uxía da cabida ao Festival dos Maios, integrado pola actuación de sete bandas locais do municipio: Talón de Akiles, E.K.O.S., Belfastt, Generazion Perdida, Dúo Alecrín, The Fé Kaos e Yago F.M. 

O festival dará  inicio ás 21.30 horas e a súa organización conta coa colaboración da Asociación Flor de Toxo.  Esta mesma entidade foi a que colocou o pasado venres 13 de maio unha pancarta no Palco de Pedra do Malecón, co lema de " Día das letras galegas 2011, Lois Pereiro" e a inscrición "Ti tes a chave, ábrelle as portas á túa lingua", coa que se pretende acender na memoria dos ribeirenses "a importancia e prestixio do idioma galego e de todos os seus autores", segundo explican dende esta asociación. Esta mañá, ás 10:30, na Praza do Concello, tamén levaron a cabo unha actividade na que amosaron á poboación da comarca os problemas cos que se atopa diariamente unha persoa con diversidade funcional. Integrantes da asociación convidaron a veciñas e veciños a pasear nunha cadeira de rodas polas rúas da Centenaria para ver os atrancos que hai para este tipo de vehículos e os seus ocupantes.

Aguiño coas Letras Galegas          

Por outra banda, mañá 17 de maio,  no Cruce de Aguiño tamén se conmemorará a Festa dos Maios coa actuación a partir das 21.30 horas da orquestra Gran Canaria. Colaboran a Asociación A Dourixeira, o Club Xubilados de Carreira e Aguiño, a Asociación Francisco Lorenzo Mariño e a hostalería de Aguiño. 

No adro da Igrexa de Aguiño haberá inchables de 10 a 14 e de 16.30 a 19 horas; mentres que ás 19.30 horas haberá unha función de monicreques na Aula de Música de Aguiño a cargo de Duendesico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical