Ribeira.- 31 de xullo de 2012.- Medio cento de rapaces da Escola Infantil Municipal acudiron hoxe ao Restaurante El Gourmet Alján, para aprender en vivo en que consiste o oficio de hostaleiro.
Ademais, a través de receitas moi sinxelas e ricas, como unha bolboreta feita con sandía, puideron ver que comer san tamén é divertido.
A iniciativa enmárcase dentro dun programa de saídas que teñen por obxectivo que os máis pequenos coñezan diferentes profesións. Ata agora, xa visitaron o Concello de Ribeira para saber máis sobre o traballo dos políticos e o Conservatorio, co fin de oír a un músico tocar un instrumento e incluso tentar a dar unhas tonadiñas por si mesmos.
Ribeira: entregan diplomas nos obradoiros de danza e xogos do verán cultural post.ly/8ZoJe
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario