9.11.11

Noia: o Concello aclara que o Stand non vai ir para Lousame, para acalar a rumoroloxía

Sofa_caamao_lado

Noia, 9 de novembro de 2011. "O Concello de Noia tén vocación de ser cabeza de comarca no que atinxe á promoción e uso de distintos servizos comarcais. Por tanto, respecto ao rumor que correu meses atrás sobre o traslado das dependencias do STAND a Lousame, temos que aclarar que do que se estaba a falar era das dependencias da Asociación de Pais do STAND, nunca das dependencias do propio Servizo do STAND, que está moi firme e seguro en Noia. Ainda así, a Asociación de Pais do STAND está en conversas co Concello de Noia para poder ampliar as súas instalacións", explicou hoxe en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais, a nacionalista Sofía Caamaño Lado.

Que é o STAND?

O Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidades (STAND), créase no ano 1990, por decisión política do goberno municipal do BNG, tendo continuidade até a actualidade pola vontade dos gobernos municipais posteriores. É un Servizo social comunitario específico (atención a nenos con discapacidade ou risco de padecela e ás suas familias), de carácter público e gratuíto. Realízase atención temperá (0 a 6 anos) e atención á discapacidade infantil (6 a 14 anos). O ámbito de atención abranxe, ademais do Concello de Noia, os de Outes, Lousame, Muros e Porto do Son. Desde o seu comezo, o finanzamento do Servizo corre a cargo do Concello de Noia (162.824,14€ anuais), recebindo anualmente subvención da Xunta de Galicia dentro do Plan Concertado (31.000€) e nalgunha ocasión unha pequena achega da Deputación Provincial. Se excluímos ao de Noia, o resto dos concellos da comarca aportan 0 € a este servizo.  

A Asociación de Pais do STAND é unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída no ano 1993 por familias de nenos con discapacidades que xa acudían ao STAND. A súa creación foi promovida polos propios pais, co estímulo das profesionais do Servizo municipal, co fin de complementar o labor que se estaba a facer desde o mesmo. O ámbito de atención esténdese á comarca de Muros-Noia. 

O STAND e a Asociación de Pais do STAND, son dúas entidades independentes, tanto a nivel organizativo como económico e funcional, que comparten local (parte do local está cedido polo Concello á Asociación) e parte dos recursos materiais. O ámbito de atención é similar. 

Pode que tamén lle interese:


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro


San Martiño: o 11 de novembro, patrono, co bispo de Compostela


Congreso Educación Saúde: o 12 e 13 de novembro. Menciñas non convencionais



Liceo: sábado 12, magosto e domingo 13, Ghazafelhos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical