15.7.11

Ribeira: presentada a nova promoción de policía infantil

Ribeira, 15 de xullo de 2011.- Un total de 24 nenos (7 rapaces e 17 rapazas) integran a 16ª promoción da Policía Infantil de Ribeira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial nun acto que estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, acompañado da concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz Lampón, así como polo coordinador da patrulla, o oficial da Policía Local José Andrés Alonso Paz. 

Procesións

Estes rapaces entrarán en servizo mañá sábado con motivo das procesións que terán lugar en honor á Virxe do Carme e proseguirán o seu labor ata o 31 de agosto. Entre as funcións da Policía Infantil figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas. 

Anteriormente, estes policías infantís estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame. A súa sede está centralizada no CEIP O Grupo. 

Catro nenas novas

Manuel Ruiz Rivas entregou as correspondentes credenciais ás catro nenas que se incorporan á patrulla nesta promoción: María Maceiras Pérez, Lara Santos Luengo, Ana Dios Pereira e Marifé Salazar Jiménez. 

Os pequenos que repiten con respecto a anos anteriores son: Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Angel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez, Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, África González Martínez, Nerea Flores Quintans, Suliman Chhain, Yarinet Álravez Zapata, María Elena Hermida Zapata, Alejandro Álvarez Vidal, Anxo Pena Blanco, Sharon Pérez Gago, José María Maneiro Hermo e Erika Regueira Hermo. 

Ademais, dous antigos membros exercerán este ano de monitores: Luis Miranda Vidal e Lucía Gómez Pazos. 

Labor altruísta

O alcalde salientou durante a súa intervención os valores cívicos que transmiten os membros deste pequeno corpo de policía. “Estamos en tempo de facer cousas polo teu concello, e un labor altruísta e desinteresado como este merece o recoñecemento de todos nós”, afirmou.  

Así mesmo Ruiz Rivas felicitou tanto aos nenos como ás familias “por ser quen de infundir estes valores aos seus fillos”, e tamén tivo palabras de agradecemento ao oficial José Andrés Alonso e ao seu antecesor nesta función coordinadora, Ángel Moreiras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical