Ribeira, 23 de xullo de 2012.- O monte de San Amedio situado na parroquia de Oleiros viviu a disputa da quinta edición do Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira”: certame puntuable para a Copa Galicia que colleitou un gran éxito en canto a participación e desenrolo da proba.
O campionato desenvolveuse entre as nove da mañá e as catro da tarde e contou coa participación de 24 cazadores que, xunto aos seus correspondentes cans, exhibiron as súas habilidades na arte cinexética divididos en grupos de oito. Cada un destes grupos competiu nun dos tres campos habilitados para a ocasión, efectuándose unha criba para seleccionar os seis finalistas.
O gañador recolle o trofeo
Destes últimos sairían os gañadores do campionato, que resultaron ser, no primeiro posto, Juan José Canosa, natural de Fisterra e que pese a contar tan só con 20 anos de idade xa demostrou unha gran oficio na práctica cinexética; en segundo lugar, Serafín Corral, de Ferrol; e ocupando o terceiro posto, o betanceiro Jorge Martín, en cuxo palmarés xa figuran campionatos nacionais e mesmo internacionais.
A organización -formada pola Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza, coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas empresas locais-, destacou o alto nivel demostrado, tanto polos competidores como polos seus cans, que realizaron o seu traballo perfectamente a pesares da intensa calor estival.
Unha vez finalizada a competición, tivo lugar a entrega de trofeos a sombra dun piñeiral en pleno monte co fin de proporcionar ao acto o escenario indicado. No evento tomou parte o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello, Víctor Reiriz. Polo que respecta aos catro cazadores ribeirenses que tomaron parte no certame, hai que dicir que tiveron unha participación discreta.
Ribeira: posto 516 dos mil concellos máis endebedados de España, con 6.174.000,00 € notanaprop.wordpress.com/2012/07/22/los… Ribeira co b! A outra non existe
— Certo (@Certo) July 23, 2012
A Xunta non se atreve a cantar o himno no anuncio do 25 de xullo, non se lle vaia atragantar "Nazón de Breogán": youtu.be/Xia6ujoZMvk #eló
— Certo (@Certo) July 23, 2012
QUÉ ANTISISTEMA SON LOS DEL "NY TIMES" bit.ly/NOu7WV
— masaenfurecida (@masaenfurecida) July 20, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario