Dodro, 23 de xullo de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro continúa co programa AMODIÑO.DODRO, que comezou a súa andadura en setembro do 2011, e ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dun programa de atención ás persoas dependentes e ás persoas coidadoras con actividades, cursos, atención domiciliaria, respiro familiar e saídas lúdicas. Nesta ocasión foron ao Teatro. Así, co título “Amodiño.Dodro Vai de Teatro...” , as persoas dependentes, con EVO, problemas de mobilidade e os seus coidadores disfrutaron onte dun día de teatro en Dodro.
A representación “Anacos de Castelao” estivo a cargo do Cadro Artístico Airiños de Rianxo, representando varias escenas da vida de Castelao e as súas obras. Esta nova actividade lúdica e de ocio para as persoas dependentes tivo moi boa acollida e unha alta participación. A obra “arrancou” as risas dos asistentes en repetidas ocasións que despediron ao grupo de teatro cunha gran ovación. Despois disfrutaron dunha merenda todos xuntos entre unha animada charla.
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade pretende con este programa facilitarlles ás persoas dependentes non só os coidados e atencións que necesitan senón tamén medrar en calidade, polo que considera unha necesidade a organización de xornadas lúdicas onde poidan relacionarse e facilitarlles a saída da rutina diaria.
"Ponlle as pilas ao teu bocata"
Preto de 40 escolares do Concello de Dodro, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, participaron o pasado xoves na campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” da Consellería do Medio Rural e do Mar que ten por obxecto dar a coñecer os valores nutritivos dos produtos do mar en conserva, así como fomentar o seu consumo dentro da dieta dos máis pequenos.
Esta actividade tivo lugar no pavillón de Deportes de Dodro e contou coa presenza das Concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, e de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Cristina Codesido.
As nenas e nenos asistentes participaron en diferentes xogos e posteriormente tiveron ocasión de elaborar e degustar a súa propia merenda con ingredientes tales como atún, sardiñas, mexillóns, etc. A experiencia desenvolveuse fundamentalmente a través dun obradoiro de carácter lúdico no que os menores recibiron información tanto das achegas enerxéticas e dos beneficios dos produtos do mar como da importancia do coidado do medio mariño e das súas especies
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario