Noia: este martes 24 estará na alameda, fronte ao Concello, o emulador de voo que hoxe está en Ribeira wp.me/p1KBCH-ex vía @novasdenoia
— Certo (@Certo) July 23, 2012
Ribeira, 23 de xullo de 2012.- A praza de España está dando cabida no día de hoxe a unha xornada de portas abertas a un Emulador de Voo do Exército do Aire por cortesía do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), con sede no monte Iroite.
Representantes da comarca e do propio Escuadrón tiveron oportunidade de probar esta atractiva experiencia ao comezo da xornada. Entre os mesmos, figuraban a primeira tenente de alcalde de Ribeira, Lola Elorduy, os alcaldes de A Pobra, Isaac Maceiras, e de Boiro, Juan José Dieste, e o comandante do EVA 10, Lino Iglesias, ademais doutras autoridades locais como o comisario da Policía Nacional ou os edís de Seguridade e Servizos Sociais.
Pero por suposto tamén os nenos e nenas do municipio quixeron aproveitar a oportunidade de saber o que se sinte ao ser un piloto da Patrulla Acrobática de Voo. Tanto é así que numerosos veciños, grande e pequenos, están a facer cola para disfrutar desta iniciativa na xornada en curso, que se desenvolve en sesións de 11 a 14 e de 16.30 a 21 horas.
Acrobacias na Manga do Mar Menor
Todos os que queiran participar poderán ver un vídeo, que dura doce minutos, da visual que ten un piloto da Patrulla voando en formación cos demais compoñentes da Patrulla Acrobática do Exército do Aire pola Manga do Mar Menor.
O Emulador da Patrulla Águila consiste nun tráiler de 16 metros que leva unha estrutura hidráulica que dota de movementos en dous eixes á cúpula, capaz de levar a 16 persoas á vez.
A Pobra do Caramiñal: posto 938 entre os mil concellos que máis deben en toda España (hai máis de 8.000 concellos). Con 2.589.000 euros
— Certo (@Certo) July 23, 2012
Ribeira: posto 516 dos mil concellos máis endebedados de España, con 6.174.000,00 € notanaprop.wordpress.com/2012/07/22/los… Ribeira co b! A outra non existe
— Certo (@Certo) July 23, 2012
Boiro: no posto 395 dos concellos máis endebedados de España. Con 8.646.000,00 € notanaprop.wordpress.com/2012/07/22/los…
— Certo (@Certo) July 23, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario