6.6.11

Praias: a Deputación subvenciona a limpeza dos areais de Barbanza e Noia

Media_httpfarm3static_ixjop

Ao Concello da Pobra (na imaxe, Cabío) destínanse máis de 22.000 euros

Barbanza-Noia, 6 de xuño de 2011. A Deputación da Coruña destina este ano un orzamento de 880.834 euros para subvencionar a creación de brigadas de limpeza de praias en 39 concellos da provincia. Os criterios empregados para adxudicar as subvencións foron o número de praias do municipio e a extensión total destas (ata o 70%), o número de beneficiarios directa ou indirectamente (ata o 20%), e o nivel de equipamento dos areais (ata o 10%).

Os concellos beneficiados, nas bisbarras de Barbanza e Noia, son os seguintes:

Boiro (30.000 €);

Muros (28.000 €);

Noia (23.000 €);

Outes (14.194,67 €);

Pobra do Caramiñal (22.434,70 €);

Porto do Son (30.000 €);

Rianxo (28.000 €);

Ribeira (30.000 €);

A subvención para a creación de brigadas de limpeza de praias comprende unha duración total de tres meses, entre os meses de maio e setembro do presente ano.

Socorristas para a piscina de Lousame

Ademais, a Deputación da Coruña destina este verán un orzamento de 116.950,21 euros para a contratación de socorristas en 40 piscinas municipais da provincia. Cada un dos concellos recibirá unha subvención máxima de 3.000 euros para a contratación dun socorrista durante os meses de verán. O concello que se beneficiará destas axudas na comarca de Barbanza e Noia é Lousame.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical