A piscina ten unha silla de rodas para poder trasladarse polas instalacións e facer uso da ducha
Rianxo, 28 de abril de 2010. A piscina climatizada conta cun novo servizo para os seus usuarios, destinado a mellorar a accesibilidade da instalación. Trátase dunha silla de rodas para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade, temporal ou permanente, coa que poder trasladarse polas instalacións e/ou facer uso da ducha. Asemade, dende o Concello lembran que a instalación tamén dispón dunha silla/elevador para facilitar o acceso á agua da piscina a personas con limitacións físicas, personas maiores, etc. A silla de ducha ten catro rodas de 125mm, xiratorias e as traseiras con freos, así como un asento con apertura frontal para facilitar a limpeza. Como é lóxico, é unha cadeira preparada para a súa utilización na auga, polo que leva tornilleria de aceiro inoxidable e pezas de plástico, cun recubrimento especial.En lugares como Ribeira ofrecen servizos para minusválidos nas praias con cadeiras anfibias (praia de Coroso)
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario