O centro, no que estudan 500 alumnas e alumnos, forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e a rede Abalar. Comezou a súa 7ª Semana Cultural, cunha gran cantidade de actividades e exposicións
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 12 de abril de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe aos acto de celebración do XXV aniversario do IES Pobra do Caramiñal, xunto ao director do centro, José Luis Nogueira Varela.
Durante a súa intervención o conselleiro destacou que “como proba do éxito educativo deste centro saliéntase que nestas aulas formáronse milleiros de estudantes, entre os que atopamos varios Premios Extraordinarios, alumnos que agora destacan de xeito especial nos seus respectivos ámbitos profesionais. Por exemplo na Axencia Espacial Norteamericana ou no Campus da Universidade de Harvard”. Ao que engadiu que “neste centro faise unha aposta decidida pola educación en valores, que dota aos estudantes de cualidades básicas na construción da personalidade individual”.
Asemade Vázquez Abad destacou a importancia do traballo desenvolvido desde o profesorado, persoal de administración, familias e os propios estudantes, tanto os presentes como os pasados, e dixo que “o cadro de profesores do IES Pobra de Caramiñal, coa estreita implicación da ANPA e a colaboración dos organismo públicos, segue a deseñar perspectivas de avance e de modernización no extraordinario labor da educación da nosa mocidade”.
No acto, no que tamén participaron a docente María José Fernández Cid, e o ex- alumnos, Ricardo Tubío, completouse coa proxección dun vídeo realizado polos estudantes do IES Pobra do Caramiñal no que se recollen testemuñas de membros da comunidade educativa. O acto completouse coa plantación dunha árbore que conmemora a celebración do vixésimo quinto aniversario do centro.
O institutoO centro conta na actualidade con cincocentos alumnas e alumnos, de 1º e 2º de bacharelato, ESO; ciclos formativos de coidados auxiliares de enfermaría e dietética, así como programas de cualificación profesional inicial de comercio, informática, mantemento de vehículos e peiteado.
Desde o presente curso o centro forma parte da rede Abalar con catro aulas para os estudantes de 1º da ESO, cun investimento de preto de 53.000 euros. Asemade 80 estudantes de 2º, 3º e 4º da ESO benefícianse das cinco seccións bilingües en inglés das que dispón o IES. Por outra banda pertence desde o 2009 ao Plan de Melloras de Bibliotecas a través do cal percibiron 22.150 euros destinados á este espazo.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario