- Iso si, máis bandeiras azuis, xa que a limpeza mecánica das praias acaba con determinada flora e fauna
Todos estes esforzos vense derramados pola falla de compromiso e sensibilidade dalgunhas administracións, que nomeadamente este ano, están a permitir que estes fráxiles entornos e os seus valores naturais estén sendo degradados polo tráfico sen control e o turismo desordeado. Mesmo mediante as rozas da flora dunar e a limpeza mecánica dos areais, estase a contribuir directamente á deterioración de hábitats e especies protexidas, o que ademáis dun imperdoábel desleixo mesmo constitúe un delicto.
Porén, para ADEGA estas desafortunadas actuacións non son só froito da ignorancia ou o desinterese das administracións: teñen moito que ver co anceio de moitos concellos costeiros por recibir unha Bandeira Azul. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais isto non significa que o litoral estea ben conservado. Deste xeito moi a miúdo concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul.
Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga dos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE "Puede suceder que la fragilidad de ciertos entornos naturales no aconseje la concesión de este tipo de galardón, ya que la afluencia de un número mayor de visitantes podría poner en peligro la fauna y flora o los hábitats" (consulten os CRITERIOS na súa web).
Rianxo: o Partido da Terra organiza un coloquio este domingo 17 sobre o resgate económico post.ly/7o7Wk
— Certo (@Certo) June 16, 2012
Disque o alcalde de Ribeira está a ler por 3ª vez "Cen anos de soidade". Se fose "Memorias das miñas putas tristes" gabaríase? Aí o deixamos
— Certo (@Certo) June 16, 2012
Si @Lagarde cobrara €14.000 brutos/año y no €324.000 NETOS ¿cómo le afectaría la subida del #IVA? ow.ly/bCGna @PPopular @PSOE @UPyD
— Sueldos Públicos (@sueldospublicos) June 16, 2012
Ribeira: o escritor García Márquez xa ten unha prazoleta adicada na cidade post.ly/7o8Gs
— Certo (@Certo) June 16, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario