Obxectivos:
- Divulgar os valores cooperativos adaptados ao sector forestal.
- Establecer canles con outros/as axentes implicados no eido forestal e medioambiental.
- Promover a sensibilización, a implicación e o compromiso da sociedade respecto ao monte galego e a loita contra incendios forestais.
- Fomentar a cultura forestal orientada á xestión responsable do monte.
- Fomentar a posta en valor dos recursos do monte.
- Promover a multifuncionalidade do monte.
Destinatarios/as:
Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas vinculadas ao monte veciñal en mán común, asociacións de propietarios/as, asociacións sociais e culturais e calquera persoa interesada en xeral.
Datas e horarios:
Porto do Son (Centro de interpretación Castro de Baroña). Sábado, 17 de novembro de 2012. De 10:00 a 14:00 horas.
Dodro (A Paxareira). Sábado, 24 de novembro de 2012. De 10:00 a 14:00 horas.
Boiro (Centro social). Venres, 30 de novembro de 2012. De 17:00 a 21:00 horas.
Inscricións:
Enviar os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, correo-e, profesión e xornada na que desexa participar á dirección de correo-e info@xesforesta.com ou chamando aos teléfonos: 981 074 027 | 647 634 993.
As prazas serán designadas por rigorosa orde de inscrición (20 prazas/xornada).
Entregarase certificado de asistencia ao remate da xornada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario