10.11.11

Rianxo: o instituto participou activamente no Día da Ciencia en Galego

  • Diversas actividades do EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) animan este outono no IES Félix Muriel de Rianxo
Media_httpfarm6static_rrjrr

Cunqueiro falou de 1000 primaveras. No instituto de Rianxo adícanlle o 10%

Actividades de animación á lectura

Durante este primeiro trimestre, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Félix Muriel está desenvolvendo o proxecto "100 primaveras máis lendo en lingua galega" que pretende servir de animación á lectura e ao mesmo tempo como acto de homenaxe neste ano que se cumpre o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro.

Desde mediados do mes de outubro, profesorado das diferentes materias estiveron lendo textos do Cunqueiro prosista na biblioteca do centro. Cada día, nos recreos, fóronse alternando as lecturas dos docentes coas do alumnado, que participaba no concurso convocado polo EDLG. O devandito concurso tiña tres modalidade: lectura dun texto en prosa, recitado dun poema ou contada dun conto do autor mindoniense. O xurado, formado por dous membro do profesorado das especialidade de lingua castelá e historia e mais por unha alumna e dous alumnos membros do EDLG. Veñen de fallarse os premios   resultando gañadores na modalidade de lectura: Sergio Lamas, Alba Sobradelo e Adrián Sobradelo e na de contacontos, Alejandra Picón.
Na revista dixital do EDLG (www.bicodaria.org) pódese ler máis información da actividade, así como ver as fotos dos participantes.

Día da Ciencia en galego

No IES rianxeiro celebrouse tamén, o pasado venres 4, o día da Ciencia en galego. Arredor de 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato participaron na videoconferencia do científico da USC Ángel Carracedo organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). O alumnado seguiu con especial interese a actividade desde a aula de informática do centro, participando logo na sesión de chat co profesor Carracedo que contestou as súas preguntas.

Máis actividades

Durante o que queda de trimestre o EDLG ten prevista outra actividade moi interesante que xa se comezou no curso pasado: as videoconferencias con alumnado que aprende galego nas universidades europeas. Alemáns, polacos, ingleses, franceses... explicaranlles, á rapazada do IES, e falando en galego, as súas razóns para poñérense a estudar a nosa lingua.
 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical