- Proxéctase "Esta noite, velada" o vindeiro mércores 16 de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea
O CGAC está na rúa Valle Inclán de Santiago, ao pé do Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos IlustresRianxo, 10 de novembro de 2011. A asociación O Faiado da Memoria estará presente na programación de CINEUROPA que comezou o pasado mércores, 9 de novembro, en Santiago de Compostela. Será o vindeiro mércores, día 16, a partires das sete da tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Para definir o certame no que se vai a amosar este traballo entresacan estas verbas do seu programa: "Compostela é a única cidade do Estado onde se pode ver, agrupada, toda esa colleita do mellor cinema chegado de todo o mundo. E Cineuropa, coa súa fórmula contrastada, converte a Santiago en capital do cinema e xa é patrimonio cultural desta cidade."
As obras documentais do Faiado que serán exhibidas no CGAC son, ademais de "Esta noite, velada" sobre a historia do grupo de teatro afecionado de Asados (Rianxo) e que xa fora selecionado para o certamen internacional de cine de Ourense, "Arde Madrid" sobre a infancia perdida nunha guerra vivida entre os cascallos dunha cidade sitiada. Neste último documental participa o periodista Eduardo Haro Tecglen, morto escasos meses despois de ser entrevistado e Ángeles García-Madrid, Concha Carretero ou Josefa Borrel, presas que foron da cárcel de Ventas que van narrando as súas vidas de nenos durante os tres anos que durou a contenda fraticida. O Faiado segue coa súa actividade habitual de recollida de material fotográfico e audiovisual e coa continuación da realización de documentais como o que está a elaborar nestes momentos e que leva como título xenérico desde dentro do corazón e que, nesta primeira parte, o específico de historias do mar, xa que trata sobre a relación desta vila co seu mar. Durante estes dous últimos meses realizáronse distintas entrevistas a varias testemuñas das distintas historias que se relatan, como a escuadra inglesa ou o fundimento do Cabo Razo, o que os fixo recorrer distintas provincias galegas e do País Vasco e Cantabría procurando superviventes daquel feito que conmocionou a sociedade vilagarciana naquel agosto de 1958. Pero ainda quedan outras historias que pouco a pouco van emerxendo das memorias das personas de Vilagarcía. Necesidade dun espazoO Faiado da Memoria vén de solicitar no concello de Vilagarcía un local dentro das posibilidades do mesmo para poder almacenar o seu traballo xa que as dependenzas privadas e personais que lles deixaron despois de que a anterior corporación os expulsase da que acababa de ocupar no auditorio, nun inxusto escarmento, por apoiar as demandas veciñais en pro do patrimonio de Vilagarcía como os bancos de Ravella ou a pasarela de Arcebispo Andrade, xa non dan mais de si. Todo elo e tendo en conta o seu traballo e a igualdade de condicións con outras asociacións, entidades deportivas ou sociais de Vilagarcía, solicitou este espacio. Máxime tendo en conta de que o lugar que, durante seis días, chegaron a ocupar no auditorio sigue a día de hoxe, baleiro e sen utilidade algunha (sería irónico que tivera ocupación a partires deste comunicado). Ademais de ser un lugar para o almacenaxe e tratamento documental o espazo é necesario para o contacto personal con todas aquelas personas que queren ceder o seu material gráfico e que se atopa coa imposibilidade de acceder a un lugar concreto a excepción do domicilio particular dos seus integrantes ou ben, que é o que mais se está a utilizar, a oficina virtual do blog de O Faiado da Memoria (damemoria.com)
Non deixen de visitar o seu blog:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario