Mañá ábrese ao tráfico o novo acceso a Manselle na Autovia do Barbanza, no concello de Dodro
A execución deste novo acceso da autovía do Barbanza responde a unha petición realizada por parte do Concello de Dodro Santiago, 9 de outubro de 2009.- Mañá ábrese ao tráfico o novo acceso a Manselle na Autovía do Barbanza, no Concello de Dodro. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de concluír a execución das obras deste acceso na Autovía do Barbanza. O departamento que dirixe Agustín Hernández destinou un total de 122.000 euros para a materialización deste proxecto. Os traballos acometidos consistiron no deseño dun novo acceso a Manselle, para o cal se construíu un vial de máis de 240 metros. Cómpre sinalar que este treito comunica este núcleo do Concello de Dodro coa rotonda existente na marxe dereita do enlace de Rois– Laíño da estrada AG-11. En canto as características desta obra, a sección transversal corresponde a un vial bidireccional de 7 metros de ancho, cun composto por 12 cm de mixturas bituminosas sobre 30 cm de zahorra artificial. Para a súa execución foi necesario desmontar cerca de 14.400 m3 de escavación. Cómpre recordar que a execución deste novo acceso da autovía do Barbanza responde a unha petición realizada por parte do Concello de Dodro. O obxectivo desta actuación foi mellorar a accesibilidade a este núcleo deste municipio coruñés. (vía Xunta.es)
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario