- É "previsible" que haxa que rescatar a concesión e o Concello mesmo tilda de "ridículos" os argumentos e alegacións dados dende a empresa que a leva ata agora, con informes técnicos "chapuceiros"
Noia, 6 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe o Concello de Noia en nota de prensa, "ante o previsible incumprimento da orde dada á concesionaria da piscina para que arranxe as intalacións e abra antes do 16 de novembro, o Concello está traballando na adopción de medidas administrativas para garantir a reapertura en condicións da instalación municipal a primeiros de decembro".
Calcando a situación de Boiro, que o Concello noiés non vai permitir
Polo visto, dende o Concello están a estudar varias opcións para garantir a continuidade do servizo, e inclúen "previsiblemente" a resolución do contrato. Segundo fontes municipais, "os argumentos e alegacións dados desde a concesionaria son ridículos, presentando informes técnicos chapuceiros. E están seguindo un procedemento calcado ao que pasou coa piscina de Boiro, coa diferencia que o Concello de Noia non vai permitir a interrupción do servizo".Medidas contundentes
Para o equipo de goberno tripartito noiés, "a prioridade é a continuidade do servizo en condicións, polo que unha vez rematado o prazo han se tomar medidas contundentes contra as infraccións cometidas pola concesionaria, especialmente polo incumprimento da orde de arranxar e reabrir en quince días. Unha vez se acabe o prazo concedido á empresa para solucionar as deficiencias sen que o fagan, o Concello comunicará aos usuarios e aos traballadores as medidas adoptadas. Asemade, desde o Concello de Noia estanse analizando os danos e prexuízos causados para iniciar as oportunas reclamacións á empresa: que non pensen que poden prexudicar á nosa vila, aos traballadores, e aos usuarios e saír indemnes".
Noia: os arquivos fotográficos do Esteirán, do 9 de novembro ao 5 de decembro na casa da cultura post.ly/9jB8g este venres temos concerto na Sala Aquarium (Xuño, Porto do Son) xunto La Yegua 2.0 a eso das 22:00! alí nosvemos xente! CUANDO PASA ALGO CHUNGO, LO MEJOR ES IRSE LEJOS. ESO LO SABE HASTA ANA BOTELLA. A Consellería de Economía e Industria destinou a dedo 450.000€ a La Voz de Galicia, El Correo Gallego e El Progreso para facer propaganda.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario