6.11.12

Noia: a piscina reabrirá en decembro se a rescata o Concello

  • É "previsible" que haxa que rescatar a concesión e o Concello mesmo tilda de "ridículos" os argumentos e alegacións dados dende a empresa que a leva ata agora, con informes técnicos "chapuceiros"

Media_httpfarm5static_dpifq

Noia, 6 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe o Concello de Noia en nota de prensa, "ante o previsible incumprimento da orde dada á concesionaria da piscina para que arranxe as intalacións e abra antes do 16 de novembro, o Concello está traballando na adopción de medidas administrativas para garantir a reapertura en condicións da instalación municipal a primeiros de decembro".

Calcando a situación de Boiro, que o Concello noiés non vai permitir

Polo visto, dende o Concello están a estudar varias opcións para garantir a continuidade do servizo, e inclúen "previsiblemente" a resolución do contrato. Segundo fontes municipais, "os argumentos e alegacións dados desde a concesionaria son ridículos, presentando informes técnicos chapuceiros. E están seguindo un procedemento calcado ao que pasou coa piscina de Boiro, coa diferencia que o Concello de Noia non vai permitir a interrupción do servizo".

Medidas contundentes

Para o equipo de goberno tripartito noiés, "a prioridade é a continuidade do servizo en condicións, polo que unha vez rematado o prazo han se tomar medidas contundentes contra as infraccións cometidas pola concesionaria, especialmente polo incumprimento da orde de arranxar e reabrir en quince días. Unha vez se acabe o prazo concedido á empresa para solucionar as deficiencias sen que o fagan, o Concello comunicará aos usuarios e aos traballadores as medidas adoptadas. Asemade, desde o Concello de Noia estanse analizando os danos e prexuízos causados para iniciar as oportunas reclamacións á empresa: que non pensen que poden prexudicar á nosa vila, aos traballadores, e aos usuarios e saír indemnes".





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical