20.6.12

A Pobra: a nova glorieta na estrada AC-305 estará rematada a primeiros de 2013

  •  A actuación, que se licitará o próximo mes, conta cun orzamento base de licitación de 115.000 euros e un período de execución de catro meses
  • O alcalde, Isaac Maceiras, foi á Coruña a reunirse con Belén do Campo para falar desta infraestrutura

Belen_docampo_maceiras

A Pobra, 20 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá un encontro de traballo en Coruña co alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, no que analizaron os detalles do proxecto de construción dunha glorieta na estrada AC-305 (Padrón-Ribeira) para mellorar a seguridade viaria.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que xa iniciou os trámites de expropiación necesarios, prevé licitar a actuación a través da Axencia Galega de Infraestruturas o próximo mes, co obxectivo de rematala a principios de 2013. O proxecto ten un orzamento base de licitación de 115.000 euros. Como sempre que se trata de datas facilitadas pola Xunta, e vistos os exemplos nesta comarca, poñemos en dúbida e "suspense" estas datas, sobre todo se convocan eleccións en breve.

A nova glorieta realizarase na intersección existente pola marxe dereita da estrada AC-305 á altura do punto quilométrico 33+230, de maneira que se habilitará un cambio de sentido con carrís de espera para os xiros á esquerda. A intervención completarase co fresado e reposición da capa de rodadura da superficie da calzada non afectada pola actuación anterior, a reposición de marcas viarias e sinais verticais, así como de beirarrúas, elementos de drenaxe, iluminación e servizos afectados. 

Do Campo, súperdelegada da Xunta que tamén deixa sentir a precampaña electoral, sinalou que a licitación deste proxecto "demostra o compromiso do Executivo galego coa comarca do Barbanza", á vez que destacou "o cumprimento dos obxectivos marcados para a mellora da rede viaria da provincia, de xeito que se proporcione aos usuarios unha forma de condución cómoda e segura".

Izado de bandeiras o venres 29 de xuño

Por outra banda, os representantes autonómica e local aproveitaron para analizar as actuacións previstas por ambas administracións para a limpeza das praias do municipio, a dotación de socorristas e para garantir os servizos nos areais. Neste senso, Maceiras trasladoulle a Do Campo a invitación para asistir ao acto de izado das bandeira azuis, que terá lugar o venres 29 de xuño na praia de Cabío.

Tamén, neste concello:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical