Rianxo, 19 de xuño de 2012. Non foi sen tempo. 82 anos despois do seu pasamento (Manuel Antonio morreu en 1930 en Asados, de tuberculose, con tan só 30 anos), a vila de Rianxo, berce deste inconformista e independentista republicano galego, acolle a presentación do primeiro volume da súa obra completa, que edita en conxunto a Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
A presentación terá lugar o venres 29 de xuño ás 20:30 horas, no auditorio de Rianxo. Alí agardan contar con Xosé Luis Axeitos, rianxeiro secretario de Real Academia e editor desta obra; Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié; Xesús Santos Suárez, escritor e socio de Barbantia; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario