O vindeiro día 20 de abril, sábado, celébrase o V Serán do Patrocinio a partires das 17:00 horas. "Este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño (Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida", explican os organizadores. "Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán do Patricinio no lugar de Rianxiño (Rianxo) na honra de San Xosé. O noso serán é unha pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa .
Por iso convidámosvos a que vos acheguedes ao noso pequeno Serán para festexar todos xuntos e vivir a música e o baile tradicional. Non fai falla que vos anotedes antes senón que ao chegar á festa poderedes tocar e bailar como se facía antigamente. E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio", rematan.Antes, en Certo:
Rianxo: o vindeiro domingo, 7 de abril, I Marcha BTT "Concello de Rianxo" post.ly/AJmhb
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario