- Son apenas 82 metros cadrados e 2500 euros o custe, pero son precisos para rematar unhas beirarrúas pendentes dende hai anos, que custarán case 6.000 euros
O Pleno do concello de Noia celebrado o pasado día 27 de marzo, aprobou co voto a favor dos grupos que integran o Goberno Local e os votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, a expropiación de dúas parcelas para a conclusión das beirarrúas no último tramo da citada rúa, preto xa do barrio de San Bernardo. No mesmo acto tamén se solicita da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, a autorización para a urxente ocupación do ámbito citado.
A superficie total expropiada é de 81,70 metros cadrados, ascendendo o importe da mesma a un total 2.573,55 euros. O obxecto da expropiación é a de dar continuidade á construción da beirarrúas inacabadas no citado punto desde hai unha morea de anos.
A Avenida da Coruña constitúe desde fai anos unha vía de acceso e circunvalación ao casco urbano de Noia posto que permite enlazar as estradas que comunican desde Santiago e Muros sen pasar pola zona histórica. A apertura da citada rúa data do ano 1960, sendo alcalde do municipio D. Andrés Caamaño Martínez no período comprendido durante os anos 1955-1964.Nas proximidades do enlace coa rúa San Bernardo encóntrase un alpendre, segundo o concelleiro de Urbanismo, "de aspecto inadecuado para o ámbito onde está situado, que invade lixeiramente o vial e provoca a interrupción das beirarrúas obrigando á invasión dos peóns da calzada co conseguinte risco de atropelos".O concello intentou en varias ocasións (en anteriores mandatos municipais) negociar un acordo coa propiedade para a súa retirada e remate das beirarrúas sen chegar a ningún acordo. A obra de conclusión da beirarrúas acada un importe de 5.575,76 euros.Noia: PSdeG e BNG piden demisión do deputado e responsable do PPPérez Insua debido ao escándalo das preferentes post.ly/AJmaP
— Certo (@Certo) April 1, 2013
La Fundación Galega contra o Narcotráfico achaca las fotos de Feijóo a "aquellos tiempos en que los narcos trataban de legitimarse"
— Jose Precedo (@joseprecedo) March 31, 2013
La generación q no votó la Constitución del 78 se está exiliando: no tenían ni derecho a opinar ni perspectivas de futuro. @juventudsin
— cpdemocracia (@cpdemocracia) March 31, 2013
Feijóo apuntaba a sucesor de Rajoy, pero tras la foto lo tendrá más complicado. O no, dado el aguante de Rajoy a los papeles Bárcenas
— Arsenio Escolar(@arsenioescolar) March 31, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario