1.4.13

Rianxo: o vindeiro domingo, 7 de abril, I Marcha BTT "Concello de Rianxo"

  • Derradeiro día para anotarse, este martes 2 de abril. Límite de participantes: 500 (xa van por uns 340)
  • Foi presentada en rolda de prensa por Joaquín Domínguez Salgado, Concelleiro de Deporte e Saúde do Concello de Rianxo e José Ramón Castelo, Presidente do club P.C. Castro Barbudo

Media_httpwwwcastroba_jtcgo

Data e programa

A Marcha Cicloturista "Concello de Rianxo" celébrase o vindeiro 7 de
abril, domingo, en horario de mañá. O programa é o seguinte:
8:45 h. Recollida de dorsais
9:30 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo
13:30 h.Hora estimada da chegada.

Organización

A marcha está organizada polo club Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa
colaboración do Concello de Rianxo. A P.C. Castro Barbudo fundouse no
ano 1997, tendo como principal motivación a promoción da actividades relacionadas coa bicicleta e o ciclismo, e organiza entre o outras actividade a Subida ao Castro Barbudo, que xa vai pola súa XII edición.

Obxectivos

O obxectivo desta proba é a promoción do cicloturismo en Rianxo, ao tempo que serve de escaparate ao noso pobo e ás súas posibilidades como recurso turístico, deportivo e recreativo. A proba pretende ser accesible a calquera tipo de afeccionado ao ciclismo, desde o principiante ata o mais experimentado, para o cal a marcha contará con tres rutas con distancias e niveis de dificultade distintos:

Iniciación (25 km.), Marcha (45 km.) e Maratón (60 km).

Os ciclistas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 15 con autorización e está aberto a federados e non federados.

Inscricións

Está limitada a de 500 participantes, tendo nestes momentos formalizadas 340 inscricións, o que xa supón un grande éxito de convocatoria para tratarse da primeira edición. Está confirmada incluso a participación de ciclistas de Portugal. A data límite para apuntarse é o 2 de abril e para facelo hai que seguir as instrucións da páxina web da entidade (www.castrobarbudo.com).


Nesa mesma páxina está o regulamento da proba, perfiles das rutas, percorrido e demais información sobre a mesma.

Rutas
A saída da proba está organizada no porto de Rianxo, onde se prestarán
os servizos e atencións aos participantes e se derá a saída. A partires de
aí, farase un percorrido neutralizado polas rúas de Rianxo e en Tanxil xa
comezarán as rutas mencionadas. As duás primeiras rutas (INICIACIÓN e
MARCHA) discorren integramente por terras do Concello de Rianxo,
percorrendo os montes e camiños de tódalas parroquias do Concello. A
MARATÓN, sae do concello e percorre tamén terras de Dodro e Lousame.

Servizos
A organización da proba vaise centralizar no porto de Rianxo. Alí, os
participantes disporán de:
1. Zona de aparcamento
2. Puntos de lavado de bicicletas
3. Local de recollida de dorsais e entrega de premios
4. Duchas para os participantes.

A maiores, haberá dous puntos de avituallamento ao longo das rutas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical