Pérez Insua con Núñez Feijóo, que tamén está estes días envolto nun escándalo por unhas fotos cun narcotraficante, o día da súa presentación como candidato a alcalde en 2011
Noia, 1 de abril de 2013. Segundo comunica hoxe en nota de prensa o PSdeG-PSOE de Noia, "despois da nova de prensa difundida por varios xornais escritos e dixitais, nas que se informaba que o Sr. Antonio Pérez Ínsua,
Deputado do Partido Popular no Parlamento Español e Voceiro do grupo municipal do PP no Concello de Noia, nas que se confirma que vendeu subordinadas, a agrupación local do PSdeG de Noia considera que debe dimitir".
O alcalde coa nómina máis alta que tivo nunca Noia
Para os socialistas noieses, "o feito de que o Sr. Pérez Insua participara no engano que supoñen as participacións preferentes e subordinadas fan que o Sr. Pérez Ínsua forma parte da súa vida profesional e persoal, pero o feito de
participar como deputado en votacións contra os afectados fai que non sexa digno de ocupar un cargo público coma o de Deputado ou Concelleiro. Pero aínda sendo parte da súa vida profesional e persoal, esiximos explicacións, porque foi o propio Pérez Insúa que empregou a súa nómina nese traballo para poñerse o soldo máis alto que tivo ningún alcalde en Noia. O Sr Pérez Insua debe explicar a cantos veciños lles colocou estes produtos cando era director da Oficina de CaixaNova en Boiro, e canto cobrou en pluses por colocar estes
produtos e se aproveitou estes ingresos para xustificar a enorme nómina que se puxo como alcalde de Noia, xa que sempre alegou que se puxo o soldo de alcalde igual ao que viña percibindo como director de banco".
Gravidade de votar en contra dos afectados logo de vender preferentes
E tamén argumentan no PSOE noiés que "o grave é que votou en contra de varias propostas no Parlamento español para devolverlle os cartos ás persoas
enganadas pola venda de subordinadas e participacións. O Sr Pérez Insua con estes comportamentos amosa non estar capacitado para ocupar ningún cargo público e debe dimitir ou ser cesado inmediatamente. O parlamentario do PP Pérez Ínsua nunca debeu participar nas votacións, non é ético que votara en contra dos afectados polos produtos bancarios que el vendeu. Coma por exemplo de participación en votacións, entre outras, esta a proposta feita polo Partido Socialista nas Cortes na que se instaba a canxear as preferentes, nas que o Sr. Pérez Ínsua votou en contra. (ver “DIARIO DE SESIONES DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE”, votación 8 sesión 65 de 30 de octubre de 2012).
Esixencia de cese fulminante a Núñez Feijóo
Tamén se esixe a Alberto Nuñez Feijóo, como presidente do PPdeG, dar explicacións das razóns polas que el e unicamente el, incluiu nas listas electorais ao Congreso dos Deputados a unha persoa como Pérez Insúa, sendo coñecedor de que participara na venda destes produtos. E debe explicar se está de acordo que persoas que venderon estes produtos voten contra os intereses dos afectados no Parlamento Español. Núñez Feijoo debe aclarar dunha vez por todas se está do lado dos afectados ou do lado dos que venderon este produtos, e se vai cesar ou non ao Sr Pérez Insua demostrará de que lado está. Desde o Partido Socialista de Noia queremos expresar o rexeite que supón na veciñanza que un representante dos cidadáns teña este tipo de actitudes, que supoñen unha mala imaxe para a corporación noiesa da que forma parte, e o mellor que pode facer por Noia é dimitir, porque como parlamentario o único que fixo e prexudicar os intereses da Vila".
La cuestión no es por qué #Feijóo era amigo del narco. La cuestión es por qué el narco quiso la amistad de Feijóo.
— AnaPardoDeVeraPosada (@pardodevera) April 1, 2013
Un artigo moi recomendable: @ian_dpaso: No meu blog, «Feijóo non ten pasado»: depaso.eu/?p=222
— Agustín FernándezPaz (@AFernandezPaz) April 1, 2013
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario