22.3.13

Dodro: sen alternativa ao peche da sucursal de NGB en Tallós, explica o goberno local

  • A sucursal non ten suficiente volume de negocio, en parte pola crise dunha importante empresa deste municipio e tamén porque a maioría dos dodrenses opera con sucursais do veciño concello de Padrón

Dodro, 22 de marzo de 2013. Segundo explicou o goberno local esta tarde en nota de prensa, esta mesma semana o alcalde de Dodro mantivo unha reunión con responsables da entidade Nova Galicia Banco co gallo do anuncio de peche da sucursal no lugar de Tallós.

Segundo explica o grupo de goberno, "por parte de NGB expuxéronse as razón que motivan dito peche, derivadas do Plan Económico imposto para poder recibir as axudas económicas, e que obriga ao peche de 131 sucursais en 2013, 134 en 2014 e 62 sucursais en 2015, así como a reducción de persoal pasando dos máis de 7.000 empregados cos que se iniciou a fusión aos 3.334 traballadores no ano 2017. Segundo estes mesmos representantes, a sucursal en Dodro non cumpre ningún dos requisitos básicos para poder mantela, habida conta do reducido volumen de negocio que mantén, que se veu aínda máis reducido pola crise que afecta a unha das principais empresas do Concello. A isto se suma que unha parte importante da poboación dodrense mantén os seus depósitos e actividades bancarias con entidades de Padrón. Tales condicionantes provocaron que dende fai varios meses dita sucursal conte con só un empregado en lugar dos dous que constituien o mínimo exixible, o cal, no contexto económico actual podería constituir motivo máis que suficiente para a supresión da sucursal".

Aínda así, prosegue o goberno do Partido Popular en Dodro, "se ben NGB non prevé alternativas para o peche da sucursal, por parte do alcalde Valentín Alfonsín púxose de manifesto o claro prexuízo que causaría no funcionamento mesmo do concello ademáis dos trastornos na actividade diaria dos seus vecinos. O simple traslado do servicio á sucursal de Padrón, segundo o alcalde, non se pode contemplar como única solución, habida conta da saturación desta oficina".

Na vindeira semana, o alcalde de Dodro dará traslado das sinaturas dos veciños recollidas polo propio Concello en contra do peche da sucursal, e espera que se concrete algunha alternativa por parte de Nova Galicia Banco.

Pode que tamén lle interese:




  • Dodro: polémica coas contas. O PP fala de boa xestión, o Psoe de sorte e o Colectivo Nacionalista, de engano

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical