22.1.10

Ribeira: voltan pedir a posta en marcha da Casa Museo de doña Adela

   
    O BNG
vén de presentar unha iniciativa municipal pola que reclama a urxente posta en funcionamento da coñecida popularmente como Casa de Dona Adela, na que o goberno do PP ten anunciado, e mesmo publicitado en folletos, a dotación dun museo.
    Tamén solicita información a cerca das causas da tardanza na posta en marcha das nomeadas instalacións, así como das actividades que se van a desenvolver neste espazo público.

O concello de Ribeira ten numerosas obras executadas, pendentes de poñer a disposición da cidadanía. A pesar da carencia que ten o noso concello de espazos públicos e mesmo do importante custo económico que supón a realización das mesmas, incomprensiblemente moito tempo despois de rematadas aínda non se pode disfrutar da súa utilización.

Antecedentes:

A Casa de Doña Adela é un claro exemplo de desleixo do goberno local. Esta edificación, emprazada no número 19 da Rúa de Galicia, é un ben inmoble catalogado como de grao I no PXOM de Ribeira. A lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia indica no artigo 75.3, en relación cos inmobles catalogados que “o planeamento deberá prever as medidas necesarias para a protección, conservación, recuperación e aproveitamento social e cultural dos bens incluídos no catálogo.”
No PXOM de Ribeira, en referencia ao patrimonio cultural, no artigo 167: recollese que “a protección destes edificios, conxuntos e elementos vai encamiñada a súa conservación, rehabilitación e posta en valor aceptando a realización de determinadas obras en función das características do obxecto protexido.”
Aínda así, fixeron falta moitas mobilizacións da cidadanía e moitas iniciativas do BNG, tanto diante do goberno do PP de Ribeira como diante da Delegación da Consellaría de Cultura, para paralizar primeiro o expediente iniciado co obxecto de declarar o inmoble en estado de ruína (Decreto de Alcaldía de data 23-04-2004 o que implicaría o seu derrubo), e logo a súa adquisición para o patrimonio público e a posterior rehabilitación. Evitouse, grazas ao esforzo colectivo, a especulación urbanística logrando á necesaria protección e conservación do noso patrimonio.

6 anos despois, segue pechada a cal e canto

Con todo, preto de 6 anos despois de iniciado o proceso, e coas obras de rehabilitación xa rematadas dende hai meses este espazo, que o goberno do PP xa publicita nos seu folletos como un museo, segue pechado a cal e canto, pese a que Ribeira non conta con ningún museo público.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical