Indo aos antecedentes, hai que recordar a este respecto que unha Orde Ministerial de 26 de setembro de 1997 ratificou o deslinde de 100 metros que fora realizado en Palmeira Norte por Orde Ministerial de 16 de marzo de 1979 (cando non entrara en vigor da citada Lei de Costas), en lugar de establecer unha zona de servidume de 20 metros como é pretensión da Corporación Municipal e dos propios veciños.
Co fin de intentar buscar unha solución definitiva a esta situación, o Goberno Local está en xestións para celebrar unha reunión a tres bandas entre o propio Concello, o equipo encargado da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Fernández Carballada y Asociados S.L.) e a Demarcación de Costas de Galicia, co fin de analizar as posibles discrepancias existentes en canto ao solo afectado e ver de que coa nova redacción do PXOM se poña fin a esta problemática, que abrangue a unha zona consolidada dentro do núcleo urbano de Palmeira dende mediados do pasado século.
A intención do Executivo é levar a cabo esta xuntanza de traballo antes de finais do presente mes.
No que atinxe a Os Areeiros, o Concello está traballando tamén na busca dunha solución a este conflito, se ben abordándoo dende unha óptica diferente a de Palmeira Norte ao existir ao respecto unha sentenza xudicial.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario