26.4.12

Ribeira: este domingo 29, "Encanínate" levará a cadelos e seus donos ata a Pedra da Rá

  •  É unha xornada de socialización entre cans e os seus donos
  • Os interesados en participar aínda poden inscribirse



Ribeira, 26 de abril de 2012.- Este domingo 29 de abril terá lugar dende primeira hora da mañá a segunda xornada de socialización Encanínate.

 

Así, a partir das 9.30 horas na explanada situada fronte aos xulgados vaise proceder ao control veterinario de todos aqueles cans que non tivesen pasado o control do primeiro día. Hai que recordar que esta acción é completamente gratuíta e vai ser realizada por un dos veterinarios da cidade que colaboran desinteresadamente na celebración da iniciativa.

 

Xa a partir das 10 horas terá lugar a segunda ruta guiada, baixo as indicacións dos adestradores caninos Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez. O percorrido sairá da explanada antedita, atravesará o Parque Periurbano de San Roque, subirá ata o Miradoiro de Pedra da Ra para logro regresar ao punto de partida.

 

As xornadas de Encanínate son gratuítas. Aqueles interesados en participar aínda poden descargar a ficha de inscrición a través da páxina web do Concello (www.riveira.com) e entregala na Oficina Municipal de Deportes (sita no Pavillón da Fieiteira) ou ben o propio domingo no lugar de saída.

 

Encanínate é unha acción polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett. Conta coa colaboración dos establecementos locais Clínica Veterinaria Bosco, Mascotas, Clínica Veterinaria Real e Clínica Veterinaria Riveira, ademais de Protección Civil de Riveira e Royal Canin.

 

Na primeira sesión celebrada o día 15 deste mes rexistrouse unha magnífica participación, coa asistencia de 26 persoas acompañadas dos seus cans.


Pode que tamén lle interese:


Monólogo: o 5 de maio, Cándido Pazó, no Brétema


Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical