26.4.12

Ribeira: o Día Mundial da Danza conmemorouse con portas abertas na Escola Municipal de Ballet

Ribeira, 26 de abril de 2012.- Unha vintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos que están a estudar danza clásica na Escola Municipal de Ballet realizaron esta tarde unha sesión formativa especial, consistente nunha xornada de portas abertas ante a presenza dos seus pais e nais. Guiados pola profesora Cristina Riveiro, os pequenos bailaríns fixeron as delicias dos seus proxenitores ao amosarlles todo o aprendido no transcurso do presente curso.

 

Esta acción de carácter excepcional desenvolvida na aula de ballet do Conservatorio tiña o seu fundamento na conmemoración do Día Internacional da Danza: unha efeméride que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.







Hai que recordar que a Escola Municipal de Ballet depende da área de Cultura do Concello de Riveira, que dirixe a concelleira Elvira Pisos Arnoso (quen finalmente non puido acudir ao evento por xurdirlle imprevistos de última hora).

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical