29.8.12

Noia: conferencia-coloquio sobre o Sáhara este venres 31 de agosto

O ano pasado tamén despediran aos nenos do Sáhara o 31 de agosto


Noia, 29 de agosto de 2012. Coincidindo coa despedida dos nenos e nenas saharauis que pasan as súas "Vacacións en paz" no termo noiés, o próximo venres, 31 de agosto, á 20:30 horas, no salón de plenos do Concello de Noia, terá lugar unha conferencia/coloquio sobre a exposición fotográfica e audiovisual que aborda a problemática do pobo saharaui e titulada “De Sanxenxo ao Sahara: Vacacións en Paz”.


Nesta conferencia/coloquio participarán, ademais da concelleira do BNG, Sofia Caamaño, a xornalista e vicepresidenta de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), Natalia Puga e tamén participará Lorena Seijo, responsábel da área de voluntariado de AGARESO. Esta organización é a autora da reportaxe gráfica e audiovisual que con "notable éxito", segundo explica Sofía Caamaño, estivo exposta no claustro do Concello de Noia, durante este mes de agosto.


Antes, en Certo:


Fotografía: "De Sanxenxo ao Sáhara", no claustro en agosto


 

Pode que tamén lle interese:


Festival: 30 e 31 de agosto e 1 de setembro, III Cantón Jazz, Blues&Funky



Consumo: Muros e Noia acollerán Galicia Calidade móbil en setembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical