- Estará na actividade "Pasar a marola", dando unha volta polo mar da Coruña e na gran xuntanza final de intelectuais galegos na Universidade da Coruña
- A homenaxe leva por título "Medre o mar!"
Angueira, á dereita, nun bolo literarioDodro, 28 de agosto de 2012. Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega.
O programa (que pode ser descargado aquí: Medre o mar!) está composto polas seguintes actividades:
MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
- 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta (toda a mañán), sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Tino Poza, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
- 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
- 12:45 h. Outras voces, recital e música. Con Denis Graña Fernández, Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Henrique Rabuñal, Dores Tembrás e Ramiro Torres.
PASAR A MAROLA. Na Dársena.
- 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h.
- 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.
MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
- 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez,Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, autor que nos pasou esta información.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario