7.11.12

A Pobra: denuncian o desleixo do Campo da Alta, inaugurado hai cinco anos


A Pobra do Caramiñal, 7 de novembro de 2012. Segundo denuncia hoxe en nota de prensa o Psoe pobrense, "con data do 18 de setembro do ano 2007, o alcalde Isaac Maceiras, e o entonces presidente da Deputación, o socialista Salvador Fernández Moreda, acompañados por unha ampla comitiva inauguraban o campo da Alta. As obras consistiron na renovación por completo do terreo de herba natural, dotar ao estadio dun novo sistema de rego e drenaxe, ademais da instalación dunha varanda, o pintado de muros e campo e reformas nos vestiarios. Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros pagados exclusivamente pola Deputación".


Lameira cheirenta


Os socialistas aseguran que pasou só un lustro "e o campo de fútbol xa está destrozado pola falta de mantemento. Cando chove o céspede é unha auténtica lameira, e sen non chove desprende cheiro pola acumulación da auga, hai malas herbas en vez de céspede ademais de numerosas calvas no mesmo".

"Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes, o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se trincha o terreo de xogo, a varanda que circunda o campo está apuntalada para que non caia, a rede perimetral para evitar que os balóns saian fora está esnaquizada ou non existe, o pintado do campo o teñen que facer os equipos, etcétera".


Queixas dos clubs


O Psoe asegura que os clubs "levan anos queixándose e advertindo dos problemas do campo aos responsables do goberno municipal para tratar de evitar o deterioro, sen que os responsables municipais fagan algo ó respecto. Como é costume deste equipo de goberno non se adoptan medidas correctoras e continúa un ano máis o deterioro do campo. Tal abandono está permitindo que os arredores, e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto deste tipo. O mesmo abandono sofren as pistas de atletismo con valos crebados, os valos de obstáculos cheos de lixo ou a escala dos xuíces destruída", como se pode observar nas imaxes que aporta o grupo municipal socialista.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical