21.2.10

Arte: Ribeira participa na organización da mostra de gravados de Rubens que se pode admirar no Colexio de Fonseca en Santiago

Download now or preview on posterous
RUBENS.pdf (170 KB)

O pazo de Fonseca está na rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro


A Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC) informou que xa se pode ver no Colexio de Fonseca a exposición Gravados de Rubens, produción do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira en colaboración con esa Vicerreitoría. Poderase visitar ata o 14 de marzo neste horario: martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

 

Gravados de Rubens reúne unha selección de máis de 40 gravados da obra de Peter Paul Rubens datadas entre os séculos XVII e principios do XX, testemuña da repercusión atemporal e internacional da súa obra.

 

 

Peter Paul Rubens é un dos pintores barrocos máis significativos da escola flamenca. Acadou un grande éxito, polo que creou un importante obradoiro formado cos mellores pintores flamencos da época. Seguiu a tradición iniciada no S.XV por artistas coma Durero, de realizaren ilustracións con distintas técnicas para diminuír o custe e ampliar o número de compradores. Para a realización destes procedementos artísticos precisábase a colaboración de profesionais especializados como debuxantes, gravadores, estampadores ou editores. Con este fin se rodeou dos máis destacados gravadores do momento, como Lucas Emil Vorstemn, Pontius, Cornelio Danckerts, Theodor van Thulden ou Cornelio Galle. Logo da súa morte, houbo moitos proxectos de reprodución artística da súa obra. De entre eses traballos caben destacar a serie de gravados que reproduce o ciclo de pinturas de María de Medicis ou o “Hércules e Onfale”, reproducida polo académico español Juan Antonio Camacho e que foi editada pola Real Academia de San Fernando.

 

As obras exhibidas na presente exposición permiten a observación non só dos distintos xéneros practicados polo obradoiro, coma paisaxes ou retratos, temas mitolóxicos ou históricos..., senón das fieis características das composicións, o tratamento efectista da luz ou as naturezas exuberantes deste gran mestre.

Rubens Self-Portrait without a Hat.jpg

Autorretrato de Rubens


Rubens na Wikipedia

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical