Os láser radial son considerados iates de vela lixeira. Información e foto na WikipediaRianxo, 21 de setembro de 2010. O Campionato de España da clase Láser Radial – Trofeo Distribunosa, celébrarase en augas de Rianxo, entre os días 21 e 25 de setembro de 2010, ambos inclusive. É organizado polo Club Náutico de Rianxo e a Real Federación Española de Vela, en colaboración ca Federación Galega de Vela e a Asociación Española da clase Láser Internacional.
Máis de 100 barcos procedentes de toda a xeografía nacional disputan este campionato de España.
O programa do campionato é o seguinte:
DATA | HORA | ACTO |
Martes 21 set 2010 | 10:00 – 18:00 19:00 | Medicións e rexistro participantes Reunión patróns – adestradores |
Mércores 22 set 2010 | 12:00 | Sinal de atención 1ª proba |
Xoves 23 set 2010 | 12:00 | Atención para as probas do día |
Venres 24 set 2010 | 12:00 | Atención para as probas do día |
Sábado 25 set 2010 | 12:00 17:00 | Atención para as probas do día Clausura e entrega premios |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario