Se queres ver as fotos de presentación do Sálvora para esta tempada 2010-2011, aquí
Ribeira, 21 de setembro de 2010. O Sálvora C.F., coa súa política de fomentar o deporte base na zona, en especial o fútbol, informa que se vai levar a cabo a segunda edición da Escola de Fútbol Sálvora que se une así a dous proxectos consolidados, como son a Copa Sálvora de Fútbol Base e o Campus Sálvora.
Os motivos que levan a este equipo de fútbol ribeirense a crear esta escola de fútbol base, "é o empeño dun grupo de persoas que representan ao clube, que queren encauzar as actividades deportivas dos nenos a través da práctica do fútbol, como medio para ocupar o tempo de ocio e fomentar os hábitos relaciondos coa saúde e benestar", explican.
A idea principal desta creación é a de facilitar ao alumno ou deportista unha serie de coñecementos básicos da iniciación ao deporte e máis en concreto ao fútbol. O neno que realiza actividade física e máis en concreto un deporte colectivo como é fútbol, cren que "non só aprenderá contidos relacionados co deporte senón que tamén adquirirá valores ou hábitos fundamentais na vida cotiá".
A escola de fútbol vai dirixida a nenos e nenas nacidas nos anos 2003,2004,2005. A actividade realizarase no pavillón deportivo do C.E.I.P O Grupo de Ribeira os luns e xoves dende a primeira semana de outubro ata a segunda semana de xuño,.Os horarios están sen decidir, e escolleranse segundo os participantes.
O custo da actividade será de 17 Euros ó mes.
¿Cómo inscribirse na Escola de Fútbol Sálvora?
Mediante correo electrónico: Débese descargar o documento correspondente na páxina web do Sálvora www.salvoracf.blogspot.com e logo enviar cos datos requeridos mediante email a seguinte dirección: salvoracf@gmail.com.
O Prazo remata este venres 24 de setembro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario